ENTREVISTA A XOSÉ CARLOS CANEIRO
" A esencia deste libro é a procura da beleza ou esa correspondencia tan fermosa da beleza que é o amor."
"Non me interesa contar a realidade senón o que está detrás da realidade."
"A poesía ten que estar presente en todas partes, incluso nos discursos dos políticos"
Estas frases están entresacadas das respostas do escritor Xosé Carlos Caneiro á entrevista que Patricia, Lara e Claudia, alumnas de 1º de Bacharelato, lle fixeron ó escritor verinés co gallo da publicación da súa última novela, Blue Moon, que será presentada en Verín mañá venres día 8 de Maio. Fixéronlle preguntas sobre esta novela, sobre a súa obra e a literatura en xeral, sobre o sistema educativo..... Unha interesante entrevista que podemos ver, debido á súa extensión, en cinco capítulos: Capítulo 1; Capitulo 2; Capítulo 3; Capítulo 4 e Capítulo 5. A gravación foi feita por Víctor e Alexandre, de 4º de ESO e o mesmo Víctor, xunto con Débora, de 1º de ESO, tomaron fotografías. Desexamos que sexa do voso agrado.
0 comentarios