Blogia
ORACLE NIGHT

Club de lectura A Árbore Vermella. COMEZAMOS!!!!!!!

Club de lectura A Árbore Vermella. COMEZAMOS!!!!!!!

Comeza de novo o club de lectura. A partires do vindeiro xoves, 15 de Outubro, ás 16:30, quedaremos na biblioteca do instituto para ler, comentar as lecturas, escoitar música, cantar, ver películas e curtametraxes.... Houbo xa unha actividade previa, que fixemos coas nosas alumnas de segundo de Bacharelato. Asistimos, en Ourense, á representación da obra teatral A Esmorga, baseada na novela de Eduardo Blanco Amor, por parte do grupo Sarabela, e quedamos abraiadas. As interpretacións, a adaptación do texto de Blanco Amor, a posta en escena...foron impresionantes.

Este ano comezamos dun xeito moi poético-musical. Leremos o poema No te salves de Mario Benedetti e veremos como o recita o impresionante actor Miguel Ángel Solá. Tamén leremos dous "relatos" de El libro de los abrazos de Eduardo Galeano. Escoitaremos a Tony Zenet cantar a marabilllosa canción Silencio e a Uxía interpretar o precioso Alalá das mariñas. Tamén escoitaremos música de África, concretamente as pezas Kothbiro de Ayub Ogada  e Jammu Africa de Ismaël Lô despois de ler un poema dun autor de Costa de Marfil, Anoma Kanié. Por último, os rapaces recitarán poemas escritos por eles mesmos. Animádevos!!!!

2 comentarios

javier Rodríguez -

bienvenida de nuevo al mundo de los blogs Isabel . Me alegra que estes de nuevo en circulación. saludos de javier

David -

Se xa o curso anterior o club de lectura era a caña, este ano coas novas fichaxes ides arrasar!! Esa é a actitude! Profesoras de inglés (Isabel), de lingua galega (Marita), de lingua castelá (Antonia), e colaboracións como as de profesores doutros ámbitos (coma Víctor, de plástica) farán deste curso unha enorme ola exprés a piques de estourar e encher de ilusión e palabras tódolos recunchos de Verín. Moito ánimo e a loitar!