Se muestran los artículos pertenecientes al tema Club de lectura a árbore vermella.

28/11/2009

A MIÑA PLANTA DE LARANXA LIMA

20091128130744-a-minha-planta.jpg

Facendo click aquí accederedes ó artigo publicado en bibliochivite correspondente a este libro que será lido no club de lectura A árbore Vermella.

28/11/2009 13:07 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

27/11/2009

FOTOS DOS PANEIS DA BIBLIO

De fotos paneis biblioteca

Desde aquí podedes acceder ao artigo correspondente no blog da Biblioteca Escolar do IES Taboada Chivite.

27/11/2009 09:40 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

20/11/2009

PROXECTO DO CLUB DE LECTURA

Proxecto Club 09 Minimizado

Este é o proxecto ( a extensión máxima era de tres páxinas) presentado polo club de lectura á convocatoria de axudas deste ano da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

11/11/2009

Miguel A. Solá recita de novo a Benedetti

20091111023525-solaoteyza.jpg

Aquí tedes novamente ao actor arxentino Miguel Ángel Solá (click aquí para acceder a unha entrevista con el) , ao que xa viramos e escoitaramos o primeiro día do club de lectura deste ano recitando No te salves, de Benedetti. Neste caso escoitamos a súa voz recitando o "testamento" do poeta uruguayo. Recentemente vimos a Solá e a súa esposa Blanca Oteyza nunha preciosa obra teatral da que tedes unha imaxe enriba. Trátase de Por el placer de volver a verla. A esta parella de actores xa os admiraramos hai anos na insuperable Hoy: el diario de Adán y Eva de Mark Twain, baseada na obra Los Diarios de Adán y Eva do escritor norteamericano.

11/11/2009 02:35 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

06/11/2009

Música no club de lectura

20091106010832-otequeletequele.jpg

Clickea aquí para acceder ao artigo correspondente de bibliochivite.

06/11/2009 01:08 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

05/11/2009

PANEIS DA BIBLIOTECA

Nos paneis exterior e interior da biblioteca imos facendo, coa axuda de Víctor e os seus alumnos, murais sobre as actividades que estamos a realizar no club de lectura. Estes murais van cambiando coas novas actividades que facemos pero sempre queda unha reminiscencia do xa traballado.

05/11/2009 20:26 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

A música heavy que escoitan os nosos alumnos. Recomendacións de Mario Sergio

20091105140114-heavy-metal-400.gif

Nunha vindeira sesión do club de lectura escoitaremos distintos tipos de música, entre elas, heavy metal por recomendación de Mario Sergio, de 4º ESO D. Clickeade aquí para acceder a un artigo feito por David.

05/11/2009 14:01 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

José Luis Sampedro

20091105000007-sampedro-retrato.jpg

Facendo click aquí accederedes ao artigo publicado no blog da biblioteca no que se fala da sesión do club de lectura que xirará en torno ao escritor José Luis Sampedro

05/11/2009 00:00 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

03/11/2009

Cartas á nai

20091103185318-cartas-a-nai.jpg

Facendo click aquí accederedes ao artigo do blog bibliochivite onde se fala da vindeira sesión de lectura, na que leremos algunhas das cartas escritas por Otero Pedrayo á súa nai, cartas que foron compiladas por Mónica Pazos Martínez, profesora de lingua galega durante o curso 2008-2009 no noso instituto, e por Patricia Arias Chachero.

03/11/2009 18:53 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

28/10/2009

David contra Goliat... Blog de David

20091028165141-zpu-contradicziones.jpg

Facendo click aquí accederedes ao artigo do blog da biblioteca, bibliochivite, no que se nos fala das actividades previstas para a vindeira sesión do club de lectura.

28/10/2009 16:48 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

23/10/2009

La Fundación, de Buero Vallejo

As nosas alumnas de 2º de Bacharelato do club de lectura teñen como lectura obrigatoria La Fundación, de Antonio Buero Vallejo. A través deste artigo poderán ver unha representación desa gran obra, unha versión realizada en 1977 para a televisión . Arriba teñen a primeira parte. Para ver o resto: Aquí a parte 2 - Aquí a parte 3 - Aquí a parte 4 - Aquí a parte 5 - Aquí a parte 6 - Aquí a parte 7 - Aquí a parte 8 - Aquí a parte 9 - Aquí a parte 10 - Aquí a parte 11 - Aquí a parte 12 - Aquí a parte 13 - Aquí a parte 14 - Aquí a parte 15 - Aquí a a parte 16.  Tamén podedes acceder, facendo click aquí, a un artigo titulado Buero Vallejo en mi recuerdo. No blog da biblioteca informarásevos do día no que a obra La Fundación será tratada no club de lectura.

23/10/2009 02:27 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

21/10/2009

MAKINARIA, MAFALDA E... MÁIS

20091021163916-makinaria.jpg

Facendo click  aquí accederedes ao artigo do blog de bibliochivite no que se informa das actividades previstas para o terceiro día do club de lectura neste curso 2009-2010

21/10/2009 16:39 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

TRASLADO DOS ARTIGOS REFERIDOS AO CLUB DE LECTURA

20091021130732-adios1.jpg

A partir de hoxe, a información relativa ao club de lectura atoparédela no blog da biblioteca, concretamente en club de lectura a árbore vermella. Tedes un enlace: club de lectura a árbore vermella a partir do 21 de Outubro de 2009 neste mesmo blog, en enlaces

21/10/2009 13:07 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

16/10/2009

I WANT TO BE A PILOT

Na segunda sesión do club de lectura veremos a desgarradora  curtametraxe I want to be a pilot. Arriba tedes a primeira parte, que tamén podedes ver aquí , e facendo click aquí podedes acceder á segunda parte. Coincide esta segunda sesión coa semana na que se terá celebrado o día internacional para a erradicación da pobreza. Tamén leremos fragmentos da obra El Imperio de la Vergüenza de Jean Ziegler e, dado que nun deses fragmentos o autor fala da UTOPÍA, tamén nos pararemos na célebre definición que dela da Galeano

16/10/2009 10:07 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

09/10/2009

Club de lectura A Árbore Vermella. COMEZAMOS!!!!!!!

20091009094920-red-tree-wideweb-470x467-0.jpg

Comeza de novo o club de lectura. A partires do vindeiro xoves, 15 de Outubro, ás 16:30, quedaremos na biblioteca do instituto para ler, comentar as lecturas, escoitar música, cantar, ver películas e curtametraxes.... Houbo xa unha actividade previa, que fixemos coas nosas alumnas de segundo de Bacharelato. Asistimos, en Ourense, á representación da obra teatral A Esmorga, baseada na novela de Eduardo Blanco Amor, por parte do grupo Sarabela, e quedamos abraiadas. As interpretacións, a adaptación do texto de Blanco Amor, a posta en escena...foron impresionantes.

Este ano comezamos dun xeito moi poético-musical. Leremos o poema No te salves de Mario Benedetti e veremos como o recita o impresionante actor Miguel Ángel Solá. Tamén leremos dous "relatos" de El libro de los abrazos de Eduardo Galeano. Escoitaremos a Tony Zenet cantar a marabilllosa canción Silencio e a Uxía interpretar o precioso Alalá das mariñas. Tamén escoitaremos música de África, concretamente as pezas Kothbiro de Ayub Ogada  e Jammu Africa de Ismaël Lô despois de ler un poema dun autor de Costa de Marfil, Anoma Kanié. Por último, os rapaces recitarán poemas escritos por eles mesmos. Animádevos!!!!

24/06/2009

"Auschwitz-Birkenau: Memoria do holocausto"

Aquí tedes unha repotaxe moi descritiva que trata do holocausto nazi. Fíxoa, entre outros, Vicente Sánchez  e recibiu o 2º Premio á innovación educativa. David, profe de música, propónnos coma experimento, que o vexamos dúas veces seguidas (dura uns dez minutos), a primeira vez SEN SON e a segunda CON EL. A tarefa consiste en valorar que contidos emocionais engade a música elixida á imaxe. No Club lector do noso instituto o documental usámolo o curso pasado como contextualización histórica previa á lectura do libro O neno do pixama a raias.

10/06/2009

REVISTA LETTERAE

Letterae 1 Verán 2009 Letterae 1 Verán 2009 isabelcota Revista da Biblioteca do IES Taboada Chivite de Verín

Letterae é o título da revista da biblioteca do IES Taboada Chivite. O seu primeiro número está a piques de saír. Nela atoparedes textos escritos por algúns dos vosos compañeiros e profesores, novas da biblioteca, información sobre as actividades que dende ela se promoveron, sobre diversas conmemoracións, sobre o club de lectura, pasatempos... Que vos guste!!!

10/06/2009 20:48 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

06/06/2009

O GALEGO É...

20090606170021-partes-do-corpo-2.jpg

 O club de lectura está a piques de rematar por este curso académico e nunha das nosas últimas sesións falamos coas nosas alumnas de Bacharelato sobre a situación da lingua galega. Limos un artigo do xornal no que se recolle un resumo dos datos que aparecen no Mapa sociolingüístico de Galicia, publicado pola Real Academia Galega, datos realmente alarmantes sobre o descenso de galegofalantes, tamén limos poemas e frases sobre a lingua galega e, ademais, botámoslle unha ollada a reflexións feitas por internautas sobre o galego. Finalmente, pedímoslle ás nosas rapazas que elas mesmas fixeran por escrito a súa propia reflexión. Todo isto está pegado no corcho da parte exterior da biblioteca.  

É interesante visitar este artigo feito por David a raíz da lectura doutro que atopou no blog de Mónica. Podes enlazar a ambos blogs dende este (enlaces).

06/06/2009 17:00 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

21/05/2009

MARIO BENEDETTI

Esta semana foisenos o gran Mario Benedetti e no Club de lectura fixémoslle a nosa pequeniña homenaxe lendo coas alumnas de Bacharelato algunhas das súas poesías e artigos sobre el nos xornais. Tamén elaboramos un mural que está exposto na parte exterior da biblioteca.

Aquí tedes, asimesmo, un interesante documental sobre a Vida e a Palabra do autor uruguaio

Trátase dunha semblanza feita ós 84 anos polo propio Benedetti, entrevistado na cafetería da Sala Zitarrosa, e dalgunhas entrevistas de arquivo feitas a varios colegas, como Manuel Vázquez Montalbán, José Saramago, Idea Vilariño, Eduardo Galeano, Juan Gelman o Joan Manuel Serrat.

Ademais das entrevistas, o documental inclúe a propia poesía de Benedetti, recitada polo actor Miguel Ángel Solá, e imaxes de arquivo dese Montevideo que xa non existe, contrastado co Montevideo de agora. Inclúe. ademais, imaxes da ditadura, do exilio, do Uruguai quebrado, do desencanto...

Disfrutádeo.

21/05/2009 23:37 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

12/05/2009

EL ÁRBOL ROJO - A ÁRBORE VERMELLA

El Árbol Rojo é o título dunha das obras do marabilloso artista australiano Shaun Tan (autor tamén de Emigrantes, obra sobre a que tedes información nun artigo anterior deste mesmo blog, no apartado Club de Lectura). Lémolo-vímolo coas rapazas que asisten ó club, e a un profesor do centro, Víctor, de plástica, gustoulle moito o libro e fixo cos seus alumnos de 1º de ESO un traballo sobre el. Elaboraron un camiño de ramas e palabras que sube polas escaleiras da parte de atrás do centro ata a biblioteca, na que hai dúas "árbores" que teñen penduradas as versións do conto de Shaun Tan que fixeron os alumnos. Na presentación de diapositivas tedes imaxes do libro e do traballo feito por Víctor e os seus alumnos. Grazas a Javier polo seu fermosísimo arce vermello, que aparece na presentación, e as súas fotos.

12/05/2009 08:01 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

07/05/2009

ENTREVISTA A XOSÉ CARLOS CANEIRO

" A esencia deste libro é a procura da beleza ou esa correspondencia tan fermosa da beleza que é o amor."

"Non me interesa contar a realidade senón o que está detrás da realidade."

"A poesía ten que estar presente en todas partes, incluso nos discursos dos políticos"

Estas frases están entresacadas das respostas do escritor Xosé Carlos Caneiro á entrevista que Patricia, Lara e Claudia, alumnas de 1º de Bacharelato, lle fixeron ó escritor verinés co gallo da publicación da súa última novela, Blue Moon, que será presentada en Verín mañá venres día 8 de Maio. Fixéronlle preguntas sobre esta novela, sobre a súa obra e a literatura en xeral, sobre o sistema educativo..... Unha interesante entrevista que podemos ver,  debido á súa extensión, en cinco capítulos: Capítulo 1; Capitulo 2; Capítulo 3; Capítulo 4 e Capítulo 5.  A gravación foi feita por Víctor e Alexandre, de 4º de ESO e o mesmo Víctor, xunto con Débora, de 1º de ESO, tomaron fotografías. Desexamos que sexa do voso agrado.

07/05/2009 13:10 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

24/04/2009

Club de lectura do IES TABOADA CHIVITE

Estes son algúns dos libros que temos lido no club de lectura. As lectoras que formamos parte del lemos, comentamos, vemos vídeos e escoitamos música todos os xoves, de 16:30 a 17:30 e de 17:30 a 18:30.

21/04/2009

XXVI CONCURSO DE CONTOS CASA DA XUVENTUDE

20090421171050-mpf-iconcontos.jpg

A Casa da Xuventude de Ourense convoca o XXVI Concurso de Contos .(Logo de facer clic no hipervínculo, elexir o idioma, premer en Actividades  e por último en Concurso de contos ) Animádevos a participar

Bases do concurso.

 

21/04/2009 17:10 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

01/04/2009

Visita de Teresa Santamaría

Comentabamos nun artigo previo a nosa visita á escola de Vilaza. Días despois foi a profesora desta escola, Teresa Santamaría, quen nos visitou no noso instituto e falou para rapaces e profesores que quixeron acompañarnos na hora do club de lectura do seu colexio e, paso por paso, da experiencia que rematou coa publicación de A bolboreta Doreta. Trouxo material que foi usado no seu centro (microscopios, libros, e mesmo restos de crisálidas), proxectou imaxes da escola, dos alumnos , un vídeo que recolle a experiencia e a maqueta do libriño inicial, antes de se por en contacto coa editorial Baía, que publicou a historia. Os nosos alumnos seguiron as proxeccións e as explicacións con moito interese e comentáronnos ó final da charla que lles gustara moito. Aínda que, en principio, o libro é para rapaces pequenos, comentamos que moitas veces non hai barreiras, que do aparentemente máis sinxelo pódense sacar reflexións profundas e moi enriquecedoras (di un cartel que temos na biblioteca: "E se os libros para nenos fosen de lectura obrigada para os adultos?". Este lema está posto á beira de Nadarín , El árbol rojo, O incrible neno devorador de libros, Las luces que se encienden y se apagan, La flor más grande del mundo....... Qué adulto pode dicir que non hai nada que aprender nestes marabillosos libros?)

As nosas alumnas de 1º Bach. Lara, Patricia e Claudia prepararon un fermosísimo texto para recibir a Teresa. Elas estiveron na visita previa á escola e o texto amosa o moito que os valores que ese lugar aporta ós pequenos as impresionaron.

01/04/2009 10:31 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

13/03/2009

PREMIOS LITERARIOS MINERVA

20090313150014-4d02b60wlibro-20minerva-20001.jpg

O colexio M. Peleteiro convoca a XXXVII edición dos seus premios literarios. Poderán participar alumnos de 3º e 4º de ESO e de Bacharelato que cursen estudos en Galicia, e non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de Decembro de 2009. Animádevos a presentarvos.

13/03/2009 15:00 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

VISITA Á ESCOLA DE VILAZA

20090313143508-resize-1-.jpg

Recentemente chegou ás nosas mans o libro A bolboreta Doreta, que se fixo a partir dunha experiencia realizada cos alumnos de infantil do colexio de Vilaza. Os nenos atoparon uns ovos de bolboreta na horta da súa escola e, coa axuda da súa profesora, Mª Teresa Santamaría, seguiron e axudaron no proceso no que os ovos se convertiron en eirugas, logo en crisálidas e finalmente en bolboretas. Pensamos que ós rapaces que veñen ó club de lectura podíalles resultar interesante descubrir este libriño e como se chegou ata el. Puxémonos en contacto coa profesora Teresa Santamarìa e visitamos a súa escola, un lugar máxico, no que hai cores, formas, disfraces, animaliños, debuxos, unha casiña, libros a esgalla, incluso feitos polos propios nenos,,,,unha atmosfera para desenrolar a creatividade, a independencia e a liberdade dos nenos.

O día 16 de Abril Teresa Santamaría virá ó club lector con algún dos rapaces que viviron esta experiencia educativa e falaranos dela e da súa escola. Previamente, coas fotos que sacamos durante a nosa visita, faremos unha exposición na nosa biblioteca

13/03/2009 14:35 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

DÍA DA MULLER NO IES XESÚS TABOADA CHIVITE

20090313142258-pride-and-prejudice-1-.jpg

Con motivo da celebración do día da muller traballadora fixemos na biblioteca do noso instituto unha exposición na que colaboramos profesores e alumnos. Os profesores elaboramos dous paneis, un deles sobre mulleres na historia de Galicia, a meirande parte delas grandes descoñecidas para o gran público: Inés de Castro, Exeria, Ilduara Eriz ou Amparo Alvajar son algunhas das mulleres que os nosos alumnos tiveron a oportunidade de descubrir. O segundo panel leva por título "Vidas paralelas". Nel plasmamos as vidas de parellas ó longo da historia nas que o home foi a figura sobranceira e a muller quedou por completo na escuridade a pesares do seu talento, ou non tivo oportunidade ningunha . Mencionamos o feito de que hoxe en día, nalgúns países, xa é posible que as mulleres ocupen unha posición destacada, mais non é o máis habitual e aínda queda moito camiño por percorrer.

O panel que elaboraron os nosos alumnos leva por título "Mulleres con mérito e sen fama" e contén escritos feitos por eles mesmos sobre as súas nais, avoas, bisavoas e tataravoas. Nestes relatos os fillos, netos, bisnetos, tataranetos...fan unha agarimosa homenaxe a estas mulleres traballadoras, loitadoras.

Tamén nesta semana se proxectou a película Orgullo e Prexuízo (PRIDE AND PREJUDICE), baseada na novela de Jane Austen. Os alumnos e profesores que asistiron á proxección leron un texto sobre a vida e a obra da autora inglesa e tamén sobre a situación da muller no seu tempo.

13/03/2009 14:22 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

31/01/2009

Curtametraxe CORES

20090131143753-5167-m.jpg

O ano pasado asistín ó festival de curtametraxes que se celebra tódolos anos en Redondela chamado Redondela en curto. Gustáronme varias das películas que se proxectaron e imos compartir unha delas, Corescos nosos rapaces e rapazas do club lector. O seu director, Jairo Iglesias, estivo o ano pasado presentando a curta no festival e é ademáis productor dunha curtrametraxe titulada 18.1 , dirixida por Gutier Rolán, fillo dunha das nosas compañeiras, profesora de galego no noso instituto, o IES Xesús Taboada Chivite de Verín.

31/01/2009 14:37 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.

23/01/2009

EMIGRANTES

20090123102823-emigrantes-imagen.jpg

No club lector do IES Xesús Taboada Chivite imos ler-ver a magnífica novela gráfica de Shaun Tan titulada Emigrantes. Reflexionaremos sobre o tema de emigración usando como ferramentas, ademáis deste marabilloso libro, o discurso de Todorov nos premios Príncipe de Asturias deste ano e a canción Brazos pra seitura. do grupo galego Fuxan os Ventos

LA RUTA NATURAL

 

LA RUTA NATURAL (Curtametraxe que será proxectada no Club Lector despois de ler o conto de Rafael Dieste titulado O Neno Suicida)

O Xurado de Sundance, o festival de cine independente máis prestixioso de EEUU, outorgou a ’La ruta natural’, do barcelonés Álex Pastor, o premio á Mellor curtametraxe internacional. A cinta deste novo director é unha sorprendente reflexión sobre o destino e a fatalidade.

¿De onde xurde a idea de ’La ruta natural’?
A idea orixinal e básica da curtametraxe, o contar unha vida marcha atrás, foi do coguionista Martí Roca. Él foillle ó director Alex Pastor con esa premisa e os dous puxéronse mans á obra. Probaron distintas ideas e versións. Non querían quedar simplemente coas ideas puntuais inxeniosas e espectaculares que suxire en primeira instancia o feito de rodar marcha atrás. Tiña que ser un vehículo para algo máis. Ó principio somentes vían os beneficios de ir cara atrás, rexuvenecer, ver voltar da morte ós teus seres queridos, etc. Pero pronto se decataron de que non se pode escapar do sufrimento e a dor. Todo o que gañas tarde ou cedo pérdelo, todo está condeado a desaparecer. Mais, alomenos, cara adiante temos a memoria, as pegadas que deixamos ó pasar pola vida. Nada espectacular tampouco. Non fai falla deixar unha obra de arte que sobreviva mil anos. Simplemente amigos, un fillo, alguén que nos lembre.

23/01/2009 10:00 Autor: isabelcota. Enlace permanente. Tema: Club de lectura a árbore vermella No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.