Blogia
ORACLE NIGHT

CAJÓN DESASTRE

A Bela e a Besta

Día da Muller Traballadora

Día da Muller Traballadora

Facendo click aquí accederedes ó artigo correspondente en Bibliochivite.

Carteis campaña de lectura

Facendo click aquí accederedes ó artigo correspondente de bibliochivite.

XX Aniversario de A POMBA DO ARCO

XX Aniversario de A POMBA DO ARCO

Facendo click aquí accederás ao artigo do blog de David Rodríguez Rivada onde se fala do vixésimo aniversario desta asociación preocupada pola cultura galega. Tedes un artigo sobre os 20 anos de A pomba do arco na páxina 7 de El Progreso do xoves 12 de Novembro de 2009.

PARABÉNS ÓS NOSOS PREMIADOS

PARABÉNS ÓS NOSOS PREMIADOS

Parabéns a todos os nosos talentosos poetas e narradores!!!!!!!!!!!!!!!  A seguir escribindo!!!!!!!!!!!

Dous dos nosos alumnos de 2º de ESO foron premiados no certame de poesía Xosé Carlos Caneiro:

Iván Hervella Tuñas, 1º premio polo seu poema Camiño e Pablo Rodríguez González, 2º premio por Dúbidas. (Noraboa!!!!!!!)

No certame de relato curto Antonio Fernández Pérez gañaron 2º premio Alfonso Rúa Martínez, de 2º de ESO, pola súa historia O conto do silencio e Iria Francisco Sotelo, de 4º de ESO, por A pregunta. Tamén gañou un 3º premio Lara Salgado Santos, de 1º de Bacharelato, por Soños rotos. (Felicitacións!!!!!!!!!!)

Asimesmo, Marlene García de Jesús, de 1º ESO B resultou gañadora dun 3º premio no concurso de poemas da AXENDA 21 ESCOLAR DE GALICIA por As árbores. (Parabéns!!!!!!!!)

Parabéns tamén a todos os que participastes nestes concursos literarios e moito ánimo para futuras edicións.

AMIGOS PARA SEMPRE - LARA SALGADO

AMIGOS PARA SEMPRE - LARA SALGADO

Parabéns Lara!!!!!!!!!!!!!!!

Lara Salgado, alumna de 1º de bacharelato do noso instituto, gañou un dos primeiros premios do concurso de relatos curtos Amigos para sempre, organizado polo Consello da Xuventude de Galicia coa finalidade de fomentar actitudes de protección e respecto cara os animais. Felicitámola polo seu premio mais tamén pola súa xenerosidade, pola súa paixón, polo seu espírito positivo, sempre disposta a colaborar, pola súa sabedoría á hora de valorar, por ser como é, moito máis que unha alumna brillante. Grazas, Lara.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS RAMÓN PIÑEIRO

Este ano o día das Letras Galegas adícaselle a Ramón Piñeiro e os alumnos do IES Taboada Chivite poden atopar información sobre el no taboleiro da entrada do instituto e na biblioteca.

CORRELINGUA

Os alumnos de 3º de ESO do IES Taboada Chivite asistiron a unha nova edición do Correlingua portando unha pancarta elaborada por eles mesmos. Houbo música e lectura de textos escritos por alumnos doutros centros e nosos.

CALAMIDÁ SENTIMENTAL-O NENO DO PIXAMA A RAIAS

Co gallo da Semana das Letras Galegas, a compañeira Mónica elaborou esta presentación para que os alumnos do IES Taboada Chivite teñan a oportunidade de coñecer poemas de poetisas galegas cantados por Pilocha. Ademais vaise facer unha maratón de lectura do libro de John Boyne O neno do pixama a raias

MICROHISTORIAS NO DÍA DO LIBRO

Na biblioteca do IES Xesús Taboada Chivite hai estes días unha exposición das microhistorias feitas por alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO e 1º de Bacharelato co gallo do día do libro. Cofres do tesouro, botellas de náufragos, labirintos, planetas, formigueiros, balóns de fútbol...conteñen os relatos dos rapaces e rapazas. Tamén hai decenas de microlibriños. Os compañeiros e profesores outorgarán premios ás mellores historias e ás presentacións máis orixinais 

BLOG DE DAVID

BLOG DE DAVID

David Rodríguez Rivada, profesor de música en el IES Xesús Taboada Chivite de Verín os ofrece un blog muy interesante en el que encontraréis información sobre música (su cuarteto de cuerda, Rock de cámara es excelente), literatura (el propio David, licenciado en filología hispánica además de chelista, escribe textos muy buenos), idiomas.... Espero que os guste.

LAURA GALLEGO GARCÍA

LAURA GALLEGO GARCÍA

O día 3 de Marzo vainos visitar a escritora Laura Gallego García. Alumnos do primeiro ciclo de ESO do noso instituto, o IES Xesús Taboada Chivite de Verín, están a ler a súas obras Fenris el elfo e Crónicas de la torre. Son lecturas moi atractivas para estes rapaces, lecturas que os adentran en mundos máxicos e que os "atrapan" como habitantes doutro mundo, o dos libros. Estamos seguros de que a charla con Laura Gallego será moi interesante para eles. Facendo click aquí entraredes na páxina oficial desta autora, con información sobre a súa biografía e a súa obra.

MULLERES

MULLERES

Pronto será o día da muller traballadora. Para ter información sobre moitas mulleres galegas, mulleres loitadoras mais pouco coñecidas a meirande parte delas, podedes visitar esta interesantísima páxina, un fascinante álbum de mulleres.

Tamén ás mulleres se lles fixo unha homenaxe o curso pasado ( e probablemente a experiencia se repetirá no presente ano académico) no IES Ribeira do Louro de Porriño. A profesora de filosofía Virginia Calviño preparou a un grupo de alumnas que interpretaron a mulleres sobranceiras na historia.Hildegarda de Binden, Ada Byron ou Concepción Arenal cobraron vida ante os alumnos do mencionado centro e doutros institutos da provincia de Pontevedra. Aquí podes acceder a fotografías e textos.