Blogia
ORACLE NIGHT

MULLERES

MULLERES

Pronto será o día da muller traballadora. Para ter información sobre moitas mulleres galegas, mulleres loitadoras mais pouco coñecidas a meirande parte delas, podedes visitar esta interesantísima páxina, un fascinante álbum de mulleres.

Tamén ás mulleres se lles fixo unha homenaxe o curso pasado ( e probablemente a experiencia se repetirá no presente ano académico) no IES Ribeira do Louro de Porriño. A profesora de filosofía Virginia Calviño preparou a un grupo de alumnas que interpretaron a mulleres sobranceiras na historia.Hildegarda de Binden, Ada Byron ou Concepción Arenal cobraron vida ante os alumnos do mencionado centro e doutros institutos da provincia de Pontevedra. Aquí podes acceder a fotografías e textos.

0 comentarios