"Auschwitz-Birkenau: Memoria do holocausto"
Aquí tedes unha repotaxe moi descritiva que trata do holocausto nazi. Fíxoa, entre outros, Vicente Sánchez e recibiu o 2º Premio á innovación educativa. David, profe de música, propónnos coma experimento, que o vexamos dúas veces seguidas (dura uns dez minutos), a primeira vez SEN SON e a segunda CON EL. A tarefa consiste en valorar que contidos emocionais engade a música elixida á imaxe. No Club lector do noso instituto o documental usámolo o curso pasado como contextualización histórica previa á lectura do libro O neno do pixama a raias.
1 comentario
Vicente Sánchez -
Muchas gracias por citarme en el artículo; también lo realizaron otros dos compañeros Beatriz Tourón y Alberto Díaz.
Un saludo.