Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2009.

INTERACTIVE ENGLISH

20090123093628-i3832022.jpg

 

Esta páxina, deseñada pola profesora Aurora Gil, do IES Bellaguarda de Altea, é moi atractiva para alumnos de inglés de diferentes nivéis, dado que contén amenas actividades, variadas e graduadas polo que respecta á súa dificultade. Practícase a gramática, a pronuncia, o vocabulario... Hai xogos e textos de interesante contido. Entra nela e descúbrea. Vaiche ser moi útil. Visita tamén esta actualización, que fixo tamén Aurora Gil en colaboración con Helen Massingham.

23/01/2009 09:36 Isabel Cota Muñiz Enlace permanente. INGLÉS No hay comentarios. Comentar.

LA RUTA NATURAL

 

LA RUTA NATURAL (Curtametraxe que será proxectada no Club Lector despois de ler o conto de Rafael Dieste titulado O Neno Suicida)

O Xurado de Sundance, o festival de cine independente máis prestixioso de EEUU, outorgou a ’La ruta natural’, do barcelonés Álex Pastor, o premio á Mellor curtametraxe internacional. A cinta deste novo director é unha sorprendente reflexión sobre o destino e a fatalidade.

¿De onde xurde a idea de ’La ruta natural’?
A idea orixinal e básica da curtametraxe, o contar unha vida marcha atrás, foi do coguionista Martí Roca. Él foillle ó director Alex Pastor con esa premisa e os dous puxéronse mans á obra. Probaron distintas ideas e versións. Non querían quedar simplemente coas ideas puntuais inxeniosas e espectaculares que suxire en primeira instancia o feito de rodar marcha atrás. Tiña que ser un vehículo para algo máis. Ó principio somentes vían os beneficios de ir cara atrás, rexuvenecer, ver voltar da morte ós teus seres queridos, etc. Pero pronto se decataron de que non se pode escapar do sufrimento e a dor. Todo o que gañas tarde ou cedo pérdelo, todo está condeado a desaparecer. Mais, alomenos, cara adiante temos a memoria, as pegadas que deixamos ó pasar pola vida. Nada espectacular tampouco. Non fai falla deixar unha obra de arte que sobreviva mil anos. Simplemente amigos, un fillo, alguén que nos lembre.

DESCUBRE YAPPR

20090123100842-girl-headphones.jpg

Se queres mellorar o teu nivel de comprensión auditiva na lingua inglesa ésta é a túa páxina. Atoparás moitísimos vídeos subtitulados en inglés e traducidos ó español. Poderás anular ben os subtítulos ben a traducción dependendo do tipo de habilidade que esteas máis interesado en practicar (listening, translation...). Tamén poderás facer as túas aportacións, baixando vídeos de youtube, transcribíndoos e traducíndoos. Anímate

23/01/2009 10:08 Isabel Cota Muñiz Enlace permanente. INGLÉS No hay comentarios. Comentar.

EMIGRANTES

20090123102823-emigrantes-imagen.jpg

No club lector do IES Xesús Taboada Chivite imos ler-ver a magnífica novela gráfica de Shaun Tan titulada Emigrantes. Reflexionaremos sobre o tema de emigración usando como ferramentas, ademáis deste marabilloso libro, o discurso de Todorov nos premios Príncipe de Asturias deste ano e a canción Brazos pra seitura. do grupo galego Fuxan os Ventos

Curtametraxe CORES

20090131143753-5167-m.jpg

O ano pasado asistín ó festival de curtametraxes que se celebra tódolos anos en Redondela chamado Redondela en curto. Gustáronme varias das películas que se proxectaron e imos compartir unha delas, Corescos nosos rapaces e rapazas do club lector. O seu director, Jairo Iglesias, estivo o ano pasado presentando a curta no festival e é ademáis productor dunha curtrametraxe titulada 18.1 , dirixida por Gutier Rolán, fillo dunha das nosas compañeiras, profesora de galego no noso instituto, o IES Xesús Taboada Chivite de Verín.



Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris