Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2009.
O GALEGO É...

O club de lectura está a piques de rematar por este curso académico e nunha das nosas últimas sesións falamos coas nosas alumnas de Bacharelato sobre a situación da lingua galega. Limos un artigo do xornal no que se recolle un resumo dos datos que aparecen no Mapa sociolingüístico de Galicia, publicado pola Real Academia Galega, datos realmente alarmantes sobre o descenso de galegofalantes, tamén limos poemas e frases sobre a lingua galega e, ademais, botámoslle unha ollada a reflexións feitas por internautas sobre o galego. Finalmente, pedímoslle ás nosas rapazas que elas mesmas fixeran por escrito a súa propia reflexión. Todo isto está pegado no corcho da parte exterior da biblioteca.
É interesante visitar este artigo feito por David a raíz da lectura doutro que atopou no blog de Mónica. Podes enlazar a ambos blogs dende este (enlaces).
REVISTA LETTERAE
Letterae é o título da revista da biblioteca do IES Taboada Chivite. O seu primeiro número está a piques de saír. Nela atoparedes textos escritos por algúns dos vosos compañeiros e profesores, novas da biblioteca, información sobre as actividades que dende ela se promoveron, sobre diversas conmemoracións, sobre o club de lectura, pasatempos... Que vos guste!!!
ELBLOGDELINGLES

Either if you have been trying to learn English for years or if you are just a beginner, this is your blog. Mónica T. Stocker is an English teacher who was brought up in the USA and is bilingual. In her blog she provides you with an English course: lessons, resources.... Another very useful blog.
English Rhythm by teacher Joe
Look at and listen to teacher Joe as he talks to you about English rhythm. On top you have the first part and if you click here you will watch the second.
"Auschwitz-Birkenau: Memoria do holocausto"
Aquí tedes unha repotaxe moi descritiva que trata do holocausto nazi. Fíxoa, entre outros, Vicente Sánchez e recibiu o 2º Premio á innovación educativa. David, profe de música, propónnos coma experimento, que o vexamos dúas veces seguidas (dura uns dez minutos), a primeira vez SEN SON e a segunda CON EL. A tarefa consiste en valorar que contidos emocionais engade a música elixida á imaxe. No Club lector do noso instituto o documental usámolo o curso pasado como contextualización histórica previa á lectura do libro O neno do pixama a raias.