Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2009.
ENTREVISTA A XOSÉ CARLOS CANEIRO
" A esencia deste libro é a procura da beleza ou esa correspondencia tan fermosa da beleza que é o amor."
"Non me interesa contar a realidade senón o que está detrás da realidade."
"A poesía ten que estar presente en todas partes, incluso nos discursos dos políticos"
Estas frases están entresacadas das respostas do escritor Xosé Carlos Caneiro á entrevista que Patricia, Lara e Claudia, alumnas de 1º de Bacharelato, lle fixeron ó escritor verinés co gallo da publicación da súa última novela, Blue Moon, que será presentada en Verín mañá venres día 8 de Maio. Fixéronlle preguntas sobre esta novela, sobre a súa obra e a literatura en xeral, sobre o sistema educativo..... Unha interesante entrevista que podemos ver, debido á súa extensión, en cinco capítulos: Capítulo 1; Capitulo 2; Capítulo 3; Capítulo 4 e Capítulo 5. A gravación foi feita por Víctor e Alexandre, de 4º de ESO e o mesmo Víctor, xunto con Débora, de 1º de ESO, tomaron fotografías. Desexamos que sexa do voso agrado.
CALAMIDÁ SENTIMENTAL-O NENO DO PIXAMA A RAIAS
Co gallo da Semana das Letras Galegas, a compañeira Mónica elaborou esta presentación para que os alumnos do IES Taboada Chivite teñan a oportunidade de coñecer poemas de poetisas galegas cantados por Pilocha. Ademais vaise facer unha maratón de lectura do libro de John Boyne O neno do pixama a raias
EL ÁRBOL ROJO - A ÁRBORE VERMELLA
El Árbol Rojo é o título dunha das obras do marabilloso artista australiano Shaun Tan (autor tamén de Emigrantes, obra sobre a que tedes información nun artigo anterior deste mesmo blog, no apartado Club de Lectura). Lémolo-vímolo coas rapazas que asisten ó club, e a un profesor do centro, Víctor, de plástica, gustoulle moito o libro e fixo cos seus alumnos de 1º de ESO un traballo sobre el. Elaboraron un camiño de ramas e palabras que sube polas escaleiras da parte de atrás do centro ata a biblioteca, na que hai dúas "árbores" que teñen penduradas as versións do conto de Shaun Tan que fixeron os alumnos. Na presentación de diapositivas tedes imaxes do libro e do traballo feito por Víctor e os seus alumnos. Grazas a Javier polo seu fermosísimo arce vermello, que aparece na presentación, e as súas fotos.
LEARNENGLISHFROMHOME

This is another amazing blog for teachers and learners. Everything is there: loads of resources, learning guides. Visit it , you won't be disappointed.
CORRELINGUA
Os alumnos de 3º de ESO do IES Taboada Chivite asistiron a unha nova edición do Correlingua portando unha pancarta elaborada por eles mesmos. Houbo música e lectura de textos escritos por alumnos doutros centros e nosos.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS RAMÓN PIÑEIRO
Este ano o día das Letras Galegas adícaselle a Ramón Piñeiro e os alumnos do IES Taboada Chivite poden atopar información sobre el no taboleiro da entrada do instituto e na biblioteca.
SLEEPY HOLLOW
Maite e Raquel, que dan clase de inglés ós alumnos de 2º de ESO, leron con eles a versión simplificada de Sleepy Hollow, de Washington Irving, e hoxe pola tarde ás 17:00 estes rapaces e todos os profesores e alumnos do centro que estean interesados poderán asistir na aula de idiomas á proxección da película que o estadounidense Tim Burton dirixiu, baseada nese conto.
AMIGOS PARA SEMPRE - LARA SALGADO

Parabéns Lara!!!!!!!!!!!!!!!
Lara Salgado, alumna de 1º de bacharelato do noso instituto, gañou un dos primeiros premios do concurso de relatos curtos Amigos para sempre, organizado polo Consello da Xuventude de Galicia coa finalidade de fomentar actitudes de protección e respecto cara os animais. Felicitámola polo seu premio mais tamén pola súa xenerosidade, pola súa paixón, polo seu espírito positivo, sempre disposta a colaborar, pola súa sabedoría á hora de valorar, por ser como é, moito máis que unha alumna brillante. Grazas, Lara.
PARABÉNS ÓS NOSOS PREMIADOS

Parabéns a todos os nosos talentosos poetas e narradores!!!!!!!!!!!!!!! A seguir escribindo!!!!!!!!!!!
Dous dos nosos alumnos de 2º de ESO foron premiados no certame de poesía Xosé Carlos Caneiro:
Iván Hervella Tuñas, 1º premio polo seu poema Camiño e Pablo Rodríguez González, 2º premio por Dúbidas. (Noraboa!!!!!!!)
No certame de relato curto Antonio Fernández Pérez gañaron 2º premio Alfonso Rúa Martínez, de 2º de ESO, pola súa historia O conto do silencio e Iria Francisco Sotelo, de 4º de ESO, por A pregunta. Tamén gañou un 3º premio Lara Salgado Santos, de 1º de Bacharelato, por Soños rotos. (Felicitacións!!!!!!!!!!)
Asimesmo, Marlene García de Jesús, de 1º ESO B resultou gañadora dun 3º premio no concurso de poemas da AXENDA 21 ESCOLAR DE GALICIA por As árbores. (Parabéns!!!!!!!!)
Parabéns tamén a todos os que participastes nestes concursos literarios e moito ánimo para futuras edicións.
APRENDEINGLÉSCONCANCIONES

A blog to learn English through songs. It includes videos, lyrics and translation of the songs into Spanish. Enjoy it!!!
MARIO BENEDETTI
Esta semana foisenos o gran Mario Benedetti e no Club de lectura fixémoslle a nosa pequeniña homenaxe lendo coas alumnas de Bacharelato algunhas das súas poesías e artigos sobre el nos xornais. Tamén elaboramos un mural que está exposto na parte exterior da biblioteca.
Aquí tedes, asimesmo, un interesante documental sobre a Vida e a Palabra do autor uruguaio
Trátase dunha semblanza feita ós 84 anos polo propio Benedetti, entrevistado na cafetería da Sala Zitarrosa, e dalgunhas entrevistas de arquivo feitas a varios colegas, como Manuel Vázquez Montalbán, José Saramago, Idea Vilariño, Eduardo Galeano, Juan Gelman o Joan Manuel Serrat.
Ademais das entrevistas, o documental inclúe a propia poesía de Benedetti, recitada polo actor Miguel Ángel Solá, e imaxes de arquivo dese Montevideo que xa non existe, contrastado co Montevideo de agora. Inclúe. ademais, imaxes da ditadura, do exilio, do Uruguai quebrado, do desencanto...
Disfrutádeo.
Traductor con voz

Quizás no sea tan útil para los traductores profesionales como para los estudiantes de lenguas, que pueden escuchar la pronunciación de idiomas tan exóticos como el chino mandarín y cantonés -entre otros muchos- así como para los extranjeros que estudian el nuestro .
El tinglado, un blog muy interesante

Un blog fantástico, El tinglado, trata varias materias (Recursos, Francés, Física y Química, Matemáticas, General, Historia, Lengua y Literatura, Noticias, Orientación, Tic, Música e Inglés). Cliqueando aquí accederás a la parte de inglés. Lleno de actividades, vídeos, información, te será muy útil.