Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2009.
Club de lectura A Árbore Vermella. COMEZAMOS!!!!!!!

Comeza de novo o club de lectura. A partires do vindeiro xoves, 15 de Outubro, ás 16:30, quedaremos na biblioteca do instituto para ler, comentar as lecturas, escoitar música, cantar, ver películas e curtametraxes.... Houbo xa unha actividade previa, que fixemos coas nosas alumnas de segundo de Bacharelato. Asistimos, en Ourense, á representación da obra teatral A Esmorga, baseada na novela de Eduardo Blanco Amor, por parte do grupo Sarabela, e quedamos abraiadas. As interpretacións, a adaptación do texto de Blanco Amor, a posta en escena...foron impresionantes.
Este ano comezamos dun xeito moi poético-musical. Leremos o poema No te salves de Mario Benedetti e veremos como o recita o impresionante actor Miguel Ángel Solá. Tamén leremos dous "relatos" de El libro de los abrazos de Eduardo Galeano. Escoitaremos a Tony Zenet cantar a marabilllosa canción Silencio e a Uxía interpretar o precioso Alalá das mariñas. Tamén escoitaremos música de África, concretamente as pezas Kothbiro de Ayub Ogada e Jammu Africa de Ismaël Lô despois de ler un poema dun autor de Costa de Marfil, Anoma Kanié. Por último, os rapaces recitarán poemas escritos por eles mesmos. Animádevos!!!!
LINGUASNET

Enjoy yourself and learn English with linguasnet.com. It is an interactive course of English (learning Portuguese, Spanish and Romanian is also possible) consisting of eight topic-based units (colours and numbers, health, transportation...) which include grammar practice, vocabulary, listening comprehension activities. If you are a beginner in English, this is your course,
I WANT TO BE A PILOT
Na segunda sesión do club de lectura veremos a desgarradora curtametraxe I want to be a pilot. Arriba tedes a primeira parte, que tamén podedes ver aquí , e facendo click aquí podedes acceder á segunda parte. Coincide esta segunda sesión coa semana na que se terá celebrado o día internacional para a erradicación da pobreza. Tamén leremos fragmentos da obra El Imperio de la Vergüenza de Jean Ziegler e, dado que nun deses fragmentos o autor fala da UTOPÍA, tamén nos pararemos na célebre definición que dela da Galeano
LESSONS WITH TEACHER ALEX

This teacher, called Alex, provides us with clear explanations on different grammar points: Imperatives, advice with should, ought to and had better, tenses.........
TRASLADO DOS ARTIGOS REFERIDOS AO CLUB DE LECTURA

A partir de hoxe, a información relativa ao club de lectura atoparédela no blog da biblioteca, concretamente en club de lectura a árbore vermella. Tedes un enlace: club de lectura a árbore vermella a partir do 21 de Outubro de 2009 neste mesmo blog, en enlaces
MAKINARIA, MAFALDA E... MÁIS

Facendo click aquí accederedes ao artigo do blog de bibliochivite no que se informa das actividades previstas para o terceiro día do club de lectura neste curso 2009-2010
La Fundación, de Buero Vallejo
As nosas alumnas de 2º de Bacharelato do club de lectura teñen como lectura obrigatoria La Fundación, de Antonio Buero Vallejo. A través deste artigo poderán ver unha representación desa gran obra, unha versión realizada en 1977 para a televisión . Arriba teñen a primeira parte. Para ver o resto: Aquí a parte 2 - Aquí a parte 3 - Aquí a parte 4 - Aquí a parte 5 - Aquí a parte 6 - Aquí a parte 7 - Aquí a parte 8 - Aquí a parte 9 - Aquí a parte 10 - Aquí a parte 11 - Aquí a parte 12 - Aquí a parte 13 - Aquí a parte 14 - Aquí a parte 15 - Aquí a a parte 16. Tamén podedes acceder, facendo click aquí, a un artigo titulado Buero Vallejo en mi recuerdo. No blog da biblioteca informarásevos do día no que a obra La Fundación será tratada no club de lectura.
David contra Goliat... Blog de David

Facendo click aquí accederedes ao artigo do blog da biblioteca, bibliochivite, no que se nos fala das actividades previstas para a vindeira sesión do club de lectura.